sábado, 17 de noviembre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO    .Opoeta de Celanova
                                                     
                               O neno pregunta:

¿De que lugar iñoto ven ovento?
e ¿onde se vai o vento cando marcha?
¿quen lle ensinou ó vento a xeografia?

      o neno preguntaba

¿Durme o vento no mar ou nas estrelas?
¿Durme no val ou durme na montaña?
¿Durme no colo verde dos piñeiros?

       o neno preguntaba
¿Sabe se hai Deus o vento?

   o neno preguntaba

Iste vento que xoga cos meus rizos
¿sera o anxo da garda?
¿será o vento a voz dos ue estan mortos?

     o neno preguntaba...

Pero o vento fuxía indiferente pola gándara
'

No hay comentarios:

Publicar un comentario