axotando ás mulleres
con agullas e alfileres.
En dias de auga, vento e frio, din os paisanos:"Hoxe naceu un escribano", e o rico contéstalle:
" O bo tempo está no pote,
que en habendo que comer,
chova ou trone,vente ou neve
ese bo tempiño é"
Tamén se canta por aqui:
Chove,chove,na casa do pobre;
chovisca,chovisca,
na casa da Pisca
----------------------------------------
o Arco Iris tiña nomes distintos,segundo a súa coloración:
As franxas máis escuras chamabaselle"Arco das vellas", e ás máis claras "Arco das mozas"
CANTABASELLES ASI:
Arco das mozas
arco das vellas
cheo de pedras
Arco da vella,
vaite de ahí,
que as nenas bonitas
non son para ti
************************************************
No hay comentarios:
Publicar un comentario