¬Para a Habana¬
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldoe a manta da cama.
Vendérolle o carro
e as leiras que tiña,
deixáronno soio
coa roupa vestida.
"Maria,eu son mozo,
pedir non me é doado
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo."
Galicia está probe
e a Habana me vou...
¡Adiós,adios,
prendas do meu corazón!
----------------------------------
Este vaise e aquel vaise,
e todos,todos se van;
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tés ,en cambio,orfos e orfas
e campos de soidade,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non teñen pais.
E tés corazóns que sofren
longas ausencias mortais
viuvas de vivos e mortos
que ninguén consolará
¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬
* FOLLAS NOVAS *
¿Que pasa arredor de min?.
¿Que me pasa que eu non sei?.
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.Teño medo da desgracia traidora
que ven,e que non se sabe de onde ven
***********************************
No hay comentarios:
Publicar un comentario