En tempos remotos andaban por feiras e festas cegos que acompañados de violins ou zanfonas,cantaban vellas historias ou lendas que gostaban moito á xente.Solian levar algún acompañante que vendía as coplas e que sinalaba cun pau,nun cartel,debuxos coas escenas que representaban os feitos cantados.
Hoxe en dia é case imposible atopar estas coplas,porque fóronse perdendo co
tempo xa que eran transmitidas de forma oralde pais a fillos.
Eu puiden copiar unha,da revista A TEMPO que se publicaba nos anos noventa do século pasado pola asociación cultural BIRIMBAO aqui en Verin,e escrita por Xosé Ramón López Pérez.
Os temas que trataban eran,a miudo de feitos do momento,como casamentos ridículos(vello con moza,vello con vella...) ou tamén sucesos tráxicos(asasinatos,mortes violentas...),crítica social(caciquismo,emigración e pobreza dos labregos) etc
A copla que vou amosar titúlase A ROSIÑA da ESTANQUEIRA e procede de A SALGUEIRA de MONTERREI:
A Rosiña da Estanqueira
era unha gran costureira,
e undia estaba cosendo
no cuartillo da palleira.
Anselmo de Vilanova
era o noivo que ela tiña
e foise por tras das reixas
por ver o que ela facía
E ela o que estaba facendo
era unhas bragas e un sostén
e cando foi a probalos
por ver se lle estaban ben.
xa non se pudo deter
e díxolle:¡ai Rosiña,Rosa
que pernas máis brancas tés!
¡Arnejado sea el demonio!
dixo asustada Rosiña
sempre me andas atentando
mala sarna te persiga
Rosiña dos meus quereres
dona de tanta fermosura,
déixame darche unabrazo
pra colmar esta amargura.
Se te deixo dar un abrazo
ó modo que tes desexosa
e bo pra gomarse cun choque
na estación de Zaragoza.
Anselmo non tíña pensado
casarse co aquela moza
porque tíña pouca dote
e non lla querian na casa
Dende que lle víu as pernas
xa cambiou de parecer
¡que dote nin que centellas
se o que vale é ter muller!
Gastando daquelas bromas
fóronse pra Santa Andrea
¡vaia unha voda elegante
ó estilo daquela aldea
Á saida da igrexa
díxolle o cura ó Anselmo:
"ti xa levas quen te quente
as canelas no inverno"
"Falta lle fai,señor cura
xa o que levo sufrido
durmindo solo no inverno
é bo pra morrer de frio."
"Pois a rapaza é ben feita
¡ai se amin che me quentara!"
ás súas contestoulle Rosa
hallas quentar a criada
Tiña moitos invitados
e gaiteiros pra tocar
que os casadiños de novos
tiñan ganas de bailar..
Bailaron unha muiñeira
fóronse de dia pra cama
se Anselmo faciao ben
Rosa ainda lle ganaba.
Alá pola media noite
Anselmo quedou durmido
e Rosiña asi lle dicía:
Despértate meu marido
¡tantas ganas como tiñas!
xa paraches meu danzante.
Cando ahora fas asi
que farás pra máis adiante
"
No hay comentarios:
Publicar un comentario