miércoles, 21 de noviembre de 2012

MORRIÑA E TRISTURA

A morriña e grande tristura pola causa da emigración, plasmada con fonda melancolia por CURROS ENRIQUEZ nesta fermosisima cantiga,recordámosllas hoxe, para que non se nos esqueza:


Unha noite na aira do trigo,
ó refresco do branco lúar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben"

Os seus ecos de malencolía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
   repetía:

"Vou morrer e non vén o meu ben"


Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado,camiño de América
vai oprobe,infelis amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar.
¡"Quen puidera dar volta,pensaba,
quen puidera convosco voar"!

Máis as aves i o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos;

      sólo os ventos

          repetían:
¡"Quen pudera convosco voar"!

Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós  que viron un barco marchar!...


Dun amor celestial,verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a probe,

          unha cova

          nun outeiro
  
i un cadavre no fondo do mar.

1 comentario:

  1. ¡Está genial, tu blog! Buena selección de textos, y las imágenes son preciosas y muy bien insertadas. ¡Enhorabuena!

    ResponderEliminar